Certame «Dibuxa unha xoia para a túa nai»

20/09/2019 Desactivado Por admin
Certame «Dibuxa unha xoia para a túa nai»

Certame anual organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galiza no que participan unha media de 9.000 escolares galegos.Cada ano sorpréndenos máis a capacidade desta xente miúda para debuxar;dende logo que temos futuros deseñadores de xoias,diso non teño dúbida. A canteira témola asegurada. 

Ai podedes ver algúns dos deseños,e logo a peza xa rematada,que despois entregámoslle de balde á nai,no caso de que o deseño resulte premiado.

A ledicia que comparten ambos é algo que non ten prezo. Iso é o mellor de todo.