Premio lingua de ouro

17/07/2019 Desactivado Por admin
Premio lingua de ouro

Premio Lingua de Ouro na categoría individual para Raúl Pesqueira Fariña, artesán de xoiaría marinense que, continuando unha longa tradición familiar, rexenta o seu propio taller de xoiaría en Marín. Raul Pesqueira inspírase nos motivos patrimoniais de Marín para crear diferentes tipos de alfaias cos que promocionar e descubrirlle á xente o noso patrimonio. Alén disto, este xoieiro atende, realiza toda a comunicación, difusión, promoción e documentación do seu taller en lingua galega.

Raúl Pesqueira Fariña premio lingua de ouro - Taller Fariña Xoias
Raúl Pesqueira Fariña posa co Premio Lingua de Ouro que agradecería nunha intervención posterior, na que ademais asegurou que se asociaría a Queremos Galego Marín.