A historia dos Fariña

O apelido xoieiro con máis de 75 anos de tradición de ourives en Marín

Os primeiros recordos que teño en relación co metal, veñen da infancia, no taller familiar, xa feito vivenda á beira do río Lameiriña no Busto de Abaixo.

Alí, o fundador Angel Fariña, fai xa máis de 75 anos comeza a ensinarme algunha cousa acerca do metal…. Aparte de desplumar pitas con caldeiros de auga a ferver. Aprendeume tamén a deixar os paraugas do revés mergullados no río durante a noite. Aquilo era alucinante, pola mañá quitábalos do río e non se via a lona, estaban cheos daqueles bicharracos cheos de lodo, anguias ( que logo, sei que xantabamos….)

 

 

Ao meu avó ensináralle o oficio un alemán chamado Otto Reuss que frecuentaba un taller en Pontevedra. Logo crea cos irmáns, Antonio e Ricardo, un taller xa con venda propia ao que adoitaban vir os clientes, incluso de puntos de toda Galiza. 
A finais dos 60 toman camiños diferentes e o meu avó, instalase definitivamente no Busto de Abaixo.

Lembro tamén horas de bicicleta que remataban cos pantalóns rotos polos xeonllos. Infinidade de cans que pasaron por alí…. Machin, Klay, Meiga, Chuspi…

 

Debido á crecida do río a finais dos 80 e á consecuente inundación a empresa Ángel Fariña;S.L. sofre cuantiosas perdas económicas. Oficinas. Mesas de traballo e toda a ferramenta queda practicamente inservible. A fronte da empresa xa están os meus tíos , Ángel e Francisco, que son capaces de poñer a empresa a funcionar outra vez coa axuda dos empregad@s.

A principios do ano 1.991, aparece a 3ª Xeración, da que son participe. Ó pouco de comenzar, marcho á Coruña o taller de Jesús Veiga para coñecer maís en profundidade o oficio de ourive durante ano e medio, para voltar definitivamente a empresa familiar, coa mala nova da morte de meu tìo Fran, persoa adiantada a súa xeración….. Unha magoa. Teño xogado con polvora con él…. Un fenómeno!! Collía as anguias mergullando uns cables con electricidade no río …. E saltaban soas.

Voltando ao traballo, realizo un curso de xoiaria de tres anos na mesma empresa familiar, financiado pola Xunta De Galicia e outro curso de Engastado en Pontevedra, tamen de tres anos.

A fináis do 2006 outra inundación, nesta, a persoa que entróu primeiro no taller fun eu e podo asegurarvos que alí entrara un tsunami:

Mesas de 4 operarios totalmente emborcadas, bombonas polo chan……tiñamos 2 torres cos soldadores de oxhídrico enriba,tamén polo chan,e todo absolutamente todo cheo de lodo procedente do río(mesas,pulidoras,ferramenta q estaba nas mesas e troqueis……..
Lembro que tardamos «pouco» en poñer todo a andar outra vez.Mais este que redacta a historia estivo entre 5 ou 6 meses limpando o resto mentres os compañeiros dábanlle duro para tentar que todo voltase á normalidade canto antes.Lembro a marca da auga que subira ata 1,33 metros de alto,si nos colle dentro…..

De volta có profesional outra vez fago tamén cursos de:
Engaste na Escola Técnica de Vigo
Recoñecemento de pedras preciosas.
Microfusión en Ardentia.
Impresión en 3D en Ardentia.

Actualmente teño taller propio en Marín(Pontevedra),onde tento poñer en practica todo o aprendido estes anos.Agradecer a empresa familiar Angel Fariña todo o que me ensinaron,e en especial a Antonio Dalmau Rosales,un segundo pai para mín,e o que realmente fíxome coñecer este oficio en profundidade.
Coa adquisición dunha impresora de 3d estou tentando mirar cara ó futuro,sen esquecer que nós os ourives fabricamos «sentimentos» e que facer as pezas a man é moi importante polo menos para mín. Aínda que o futuro está na impresión en 3d e sería de tontos non aproveitar as novas tecnoloxías.